Kristaps Porziņģis, nado o 2 de agosto de 1995 en Liepāja, é un xogador profesional de baloncesto letón que xoga para os Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,18 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria profesional Porziņģis comezou a súa carreira en varios equipos da súa localidade natal, antes de fichar polas categorías inferiores do CB Sevilla no ano 2011. Debutou co primeiro equipo o 29 de setembro de 2012, na derrota do Sevilla contra o CB Murcia.

O 25 de xuño de 2015, Porziņģis foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2015 polos New York Knicks. O 30 de xuño de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Knicks.

O 31 de xaneiro de 2019, Porziņģis foi traspasado xunto a Trey Burke, Tim Hardaway Jr. e Courtney Lee ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.

O 10 de febreiro de 2022, Porziņģis e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 foron traspasados ós Washington Wizards, a cambio de Spencer Dinwiddie e Dāvis Bertāns.

O 22 de xuño de 2023, os Wizards traspasaron a Porziņģis ós Boston Celtics, como parte dun traspaso entre tres equipos que mandou a Marcus Smart ós Grizzlies, e a Tyus Jones, Danilo Gallinari, Mike Muscala e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 dos Celtics ós Wizards.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Letonia Categoría:Xogadores de baloncesto de Letonia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Boston Celtics