Martín Fernández Prado, nado na Coruña o 18 de xullo de 1966 é un arquitecto, profesor e político galego do Partido Popular (PP).

Traxectoria profesional Martín Fernández Prado é arquitecto coas especialidades de Urbanismo e Edificación pola Universidade de Navarra. Doutorouse en 2010 pola Universidade da Coruña.

Desde 1995 é arquitecto autónomo do COAG (delegación de Lugo) e desde 1998 copropietario de HFP Arquitectura & Urbanismo SL. Profesor contratado en diversos cursos de grao e posgrao na ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña desde 1998.

Traxectoria política Colaborador xa da formación conservadora desde os tempos de Alianza Popular colaborou tamén desde 2003 cos equipos de Alberto Núñez Feijóo: foi Director Xeral de Planificación da Xunta de Galicia (2003-2005) e é presidente da Comisión Territorial do Eixo Atlantico (formada por 32 cidades de Galiza e Norte de Portugal).

Nomeado tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas após a maioría absoluta acadada nas eleccións municipais de 2011 na Coruña e posteriormente concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Rehabilitación, Infraestruturas e Servizos Públicos. Permaneceu no cargo até 2015, cando pasou ás bancadas da oposición.

En agosto de 2016 anunciouse a súa presenza como número 12 nas listas do PP pola provincia da Coruña para as eleccións ao Parlamento de Galicia dese ano, resultando elixido deputado para a X lexislatura. No parlamento presidiu a comisión non permanente sobre Seguridade Viaria e exerceu asemade como voceiro do grupo popular na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, e na área de Universidades.

En 2020 ocupou o terceiro posto na lista do PP pola Coruña nas eleccións ao Parlamento de Galicia. En decembro dese ano foi nomeado presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20160305033238/http://www.reunionanualsne.es/doc/41/PDF/CV/MFP_CV.pdf Ficha do Profesor-Doutor Martín Fernández Prado na Universidade da Coruña

Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2011-2015 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2015-2019 Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia