Antonio Agustín Albanell, nado en Zaragoza o 26 de febreiro de 1517, e finado en Tarragona o 31 de maio de 1586, foi un eclesiástico e humanista aragonés. Traxectoria

Estudoso do dereito e as humanidades, proveniente dunha familia que ocupou importantes postos na administración pública e na carreira eclesiástica, o seu cursus honorum comezou no eido civil e rematou no eclesiástico. Foi auditor do Tribunal da Rota Romana, nuncio do Papa en Inglaterra e no Sacro Imperio, participou no Concilio de Trento, e foi sucesivamente bispo de Alife, de Lleida e arcebispo de Tarragona.

Especialista en historia do dereito, tanto civil coma eclesiástico, con importantes achegas na tarefa de fixar os textos orixinais, destacou na historia do dereito canónico, onde os seus estudos foron moi valorados no seu tempo.Peset Reig 1996: p. 67. Foi dos primeiros estudosos en considerar a numismática e a epigrafía como auxiliares da historia.Carbonell Manils 1993. Para realizar as edicións críticas das compilacións de dereito civil romano e dereito eclesiástico, formou unha importante colección de manuscritos, tanto gregos como latinos, converténdose nun destacado bibliófilo, posuidor dunha completa biblioteca humanística que puxo a disposición doutros humanistas.

Notas

Véxase tamén «Agustí i Albanell, Antoni, 1517-1586» *Antics Posseïdors (Universidade de Barcelona. CRAI Biblioteca de Reserva)

Categoría:Nados en 1517 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Finados en 1586 Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bibliófilos