Santa María das Dores de Lalín é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 10.462 habitantes (5.129 mulleres e 5.333 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 7.702 habitantes.

Historia A parroquia de Santa María das Dores de Lalín foi creada na reforma parroquial de 1890, coa fusión da antiga parroquia de San Martiño de Lalín e parte da de San Cristovo da Pena (quedando a outra parte como a nova parroquia de Xaxán). Nesta reforma Santa María de Donramiro deixou de ser parroquia e pasou a ser anexo de Lalín.

En principio a igrexa parroquial era unha capela situada na actual localización da estatua a Loriga. A comezos do século XX iniciáronse as obras para a construción dunha nova igrexa parroquial, no centro da vila, que foi inaugurada en 1919.

En 1962 fundouse a Banda de música de Lalín.

Patrimonio A antiga igrexa parroquial era a igrexa de San Martiño, de estilo románico do século XII, construída no lugar onde desde o 980 existía un mosteiro. Cando comezou a construírse a nova igrexa parroquial, este templo, un pouco afastado da poboación, estivo a piques de se derrubar pero a oposición dos veciños impediuno.

Demografía A poboación de Lalín medra a un ritmo considerable dende finais da década dos noventa:

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Lalín

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Cando Lalín honraba a San Martiño

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María das Dores