Leandro Lamas Ermida, nado en Narón o 14 de xaneiro de 1973, é un pintor, ilustrador, actor e director teatral galego. Traxectoria A súa primeira exposición tivo lugar en Ferrol no ano 1998. Desde entón expuxo en varias outras cidades de España e Portugal. O seu estilo é naïf e caracterízase polo emprego da cor.

Obras A palabra como motor da economía (2011). Mural sobre táboa dentro da colección da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. Un conxunto de dez táboas que se suceden a modo banda deseñada, cada unha cun título e tema distintivo: Pesca, Traballo, Aforro, Sargadelos, Coñecemento, Agro, Recursos naturais, Téxtil, Desenvolvemento e Industria cultural.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Bolboreteando con Leandro Lamas. Mis amigos pintores: Leandro Lamas. Páxina con obras de Leandro Lamas. Páxina con información sobre o autor.

Categoría:Nados en Narón Categoría:Nados en 1973 Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes