Saria é unha empresa de orixe alemá adicada á produción de alimentos para persoas e animais, produción de combustibles de orixe animal e reciclaxe de produtos orgánicos.

As orixes da empresa están na creación en 1998 por parte do Groupe Rethmann de Saria, empresa adicada ao aproveitamento de subprodutos animais. A empresa medrou mercando fábricas en Francia, Austria, Polonia, República Checa e España. En 2006 mercou Ártabra, a fábrica situada en Suevos (Arteixo) adicada á produción de fariña de peixe. Limitada de Productos Químicos SJ foi creada en 1950 e dende entón aproveitaba os descartes de peixe da lonxa da Coruña para facer fariña e aceite de peixe. En 2003 Ártabra tiña 50 traballadores e vendía 21 millóns de euros.

Notas

Categoría:Arteixo