Mariyam Unoosha, nada en Malé o 6 de outubro de 1985, é unha cantante e compositora das Maldivas, coñecida como Unoosha. Gañou premios e actuou en shows nas Maldivas e outros países. Representou ás Maldivas no Festival Televisivo da Canción da URA no 2015 coa canción "The Maldives Song". Traxectoria Completou os seus estudos na Escola Aminiyya. Os seus pais (Shafeega e Mr. Naseer) foron estrelas musicais nas Maldivas coa banda Olympians.

Unoosha fixo o seu debut en Bollywood no filme erótico-suspense do director Pooja Bhatt de 2012 Jism 2. Tivo a oportunidade de facer este filme cando estaba no Festival de Filmes de Asia do Sur en Goa. Bhatt ouviu a Unoosha cantar no festival. A canción titulada "Hey Walla" foi composta por Abdul Basit Sayeed e co-escrita por Unoosha.

Unoosha gravou a súa segunda canción de Bollywood con Ali Azmat e KK. A canción, titulada "Kahaan Se Karen Shuru" foi composta por Arko Pravo Mukherjee. Esta foi a primeira canción de Bollywood de Unoosha en hindi.

Logros Unoosha foi a única cantante embaixadora oficial de Nestleé e embaixadora local da compañía telefónica das Maldivas Dhiraagu. Unoosha foi galardoada como Mellor Cantora nos Maldives Video Music Awards en 2010, Enchanteur Maldives Film Awards en 2011 e nos SunFM Awards en 2010.

Representou ás Maldivas no Festival Televisivo da Canción da URA no 2015 coa canción "The Maldives Song".

Notas

Categoría:Cantantes das Maldivas Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Malé Categoría:Representantes das Maldivas no Festival Televisivo da Canción da URA