Este artigo refírese á illa no Océano Atlántico. Para a provincia canadense antigamente (e aínda coloquialmente) coñecida como Terra Nova, vexa Terra Nova e Labrador.

Terra Nova (en inglés: Newfoundland; en francés: Terre-Neuve; en irlandés: Talamh an Éisc; en latín: Terra Nova) é unha illa situada na costa nororiental de Norteamérica, e a parte máis poboada da provincia canadense de Terra Nova e Labrador. A illa de Newfoundland (orixinalmente chamada Terra Nova) foi máis probablemente nomeada por primeira vez polo xenovés Giovanni Caboto en 1497, o que o convertería no máis antigo nome de orixe europea en Norteamérica. A provincia na que a illa está situada chamábase tamén Terra Nova ata o ano 2001, cando o seu nome foi cambiado por Terra Nova e Labrador''.

Terra Nova está separada da Península do Labrador polo Estreito de Belle Isle e polo Estreito Cabot. Bloquea a entrada do río Saint Lawrence, creando o golfo de Saint Lawrence, o máis grande estuario do mundo.

Ten 111,390 km² de superficie, o que a converte na décimo quinta illa en tamaño do mundo. A capital da provincia, St. John's, está situada no extremo sueste da illa. O Cabo Spear, ó sur da capital, é o punto máis oriental do Canadá. A illa de Terra Nova ten unha poboación aproximada de 485,000 habitantes.

miniatura|dereita|Pequena comunidade pesqueira de Terra Nova.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Moeda de Terra Nova

Categoría:Illas do Atlántico Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas da baía de San Lourenzo