Torre de Breoghan. A Luz dos Milésians é un álbum en directo do grupo de folk galego Luar na Lubre, gravado conxuntamente coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Publicouse o 2 de decembro de 2014, baixo o selo Warner Music.
A edición está composta de 2 CD e 1 DVD. No primeiro, recompílanse temas clásicos do grupo. No segundo, musícanse episodios do relato épico Lebor Gabála Érenn (Libro das invasións de Irlanda), no que se narra a invasión de Irlanda polos Milesios, que chegarían procedentes de Brigantia (A Coruña). No DVD inclúese o concerto íntegro, que foi gravado en directo os días 21 e 22 de xuño de 2014, no Palacio da Ópera da Coruña.
Lista de cancións CD 1
CD 2: Torre de Breoghán
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo
Categoría:Álbums musicais de 2014 Categoría:Álbums de Luar na Lubre