Antón Gómez-Reino Varela, nado como Antonio Gómez-Reino Varela e coñecido como Toné, nado na Coruña o 7 de marzo de 1980, é un político galego.

Traxectoria É técnico en saúde ambiental e activista social na Coruña. Foi un dos asinantes do Manifiesto Mover Ficha, que iniciou o movemento que callou en Podemos. Foi un dos impulsores da Marea Atlántica. En xaneiro de 2015 integrouse no equipo de Breogán Riobóo, primeiro secretario xeral do partido en Galicia."El candidato de A Coruña a liderar Podemos en Galicia recibe el aval de Pablo Iglesias" Faro de Vigo, 25/1/2015 .

É deputado no Congreso dos Deputados dende 2016 (XI lexislatura). Encabezou a lista de En Marea pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 2015 e nas de 2016, así como a lista de En Común-Unidas Podemos pola mesma circunscrición nos comicios de abril e de novembro de 2019.

Foi secretario xeral de Podemos en Galicia dende outubro de 2018, cando gañou as eleccións primarias sobre Carolina Bescansa. Mantívose ata decembro de 2022, cando foi substituído por Borja San Ramón.

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi elixido como candidato do Grupo Común da Esquerda para a presidencia da Xunta de Galicia, como líder da coalición de Podemos Galicia, Esquerda Unida, Anova e as mareas municipalistas. A formación non obtivo ningún escano, polo que se mantivo como deputado no Congreso.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Blog de Antón Gómez-Reino "Podemos é unha ferramenta, unha ferramenta cunha enorme capacidade…", Praza.gal, 8/2/2015. Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados

Categoría:Políticos de Podemos Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1980 Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados por En Marea Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)