Miguel Lorenzo Torres, nado en Pontevedra en 1961,«Siempre fui de derechas, es algo que me va en los genes» La Voz de Galicia, 15/5/2015. é un avogado e político galego do Partido Popular de Galicia.

Traxectoria miniatura|Papeleta para o Senado nas Eleccións de abril de 2019. Fillo de Erundino Lorenzo Rey, que fora director do colexio público Ciudad Infantil Príncipe Felipe en Montecelo, Pontevedra, e de María del Carmen Torres Ferrer, profesora de Educación Especial. O seu avó paterno foi Gerardo Lorenzo González. É irmán do actor Francis Lorenzo, do empresario Gerardo Lorenzo e do produtor José Manuel Lorenzo.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi elixido concelleiro da Coruña nas eleccións municipais de 2007 e foi portavoz do PP en asuntos urbanísticos. Volveu ser elixido concelleiro nas municipais de 2011, onde o PP se fixo por primeira vez coa vara de mando municipal, e foi designado concelleiro de Servizos Sociais. Nas municipais de 2015 volveu ser elixido concelleiro, se ben neste caso fóra do goberno. Meses máis tarde foi escollido para encabezar a candidatura do PP pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 2015."Miguel Lorenzo encabezará la lista del PP por A Coruña en las elecciones generales" La Opinión A Coruña, 7/11/2015 . Deixou o seu cargo de concelleiro e nas eleccións xerais de 2019 presentouse como candidato a senador e ocupou escano nas XIII e XIV lexislaturas. Na Cámara Alta foi voceiro do seu partido e vicepresidente da comisión de cultura.

O 15 de xullo de 2022 durante a celebración do XIV congreso local do do seu partido logrou o 92% dos votos para o posto de presidente do Partido Popular da Coruña e poucos días despois o seu partido propono oficialmente como candidato á alcaldía da Coruña. O 8 de setembro de 2022 xurou como concelleiro da Coruña e asumiu tamén o posto de voceiro do Partido Popular e líder da oposición.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha na páxina web do Senado de España

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1961 Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)