miniatura|Papeleta dos candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016. María Dolores Galovart Carrera, nada en Huelva o 5 de xaneiro de 1955, é unha xuíza e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi xuíza e maxistrada. Foi vicevaledora segunda, posto do que dimitiu en maio de 2012."Dimite la vicevaledora tras las declaraciones de Benigno López" (4/5/2012). El País Logo foi xuíza de Familia dos xulgados de Vigo. Encabezou a lista do PSOE pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 2015 e nas de 2016.

Xubilouse como xuíza en Las Palmas de Gran Canaria en 2022. En 2025 foi designada Valedora do Cidadán do Concello de Vigo, sucedendo a Luís Espada Recarey que exercía o cargo desde 2002.

Vida persoal Estivo casada co tamén xuíz e político Ventura Pérez Mariño, finado en 2024, e é nai de Claudia e Denís Pérez Galovart.

Distincións No ano 2014 foi galardoada co premio Viguesa Distinguida.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas "Galovart Carrera, María Dolores" na páxina web do Congreso dos Deputados.

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Huelva Categoría:Nados en 1955 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Vigueses distinguidos