miniatura|300px|Imaxe ilustrativa da dualidade onda-partícula, na cal se pode ver como un mesmo fenómeno pode ter dúas percepcións distintas. A dualidade onda-corpúsculo, tamén chamada dualidade onda-partícula, postula que todas as partículas presentan propiedades de onda e de partícula. Máis especificamente, como partículas poden presentar interaccións moi localizadas e como ondas exhiben o fenómeno da interferencia.

De acordo coa física clásica existen diferenzas entre onda e partícula. Unha partícula ocupa un lugar no espazo e ten masa mentres que unha onda esténdese no espazo caracterizándose por ter unha velocidade definida e masa nula.

Actualmente considérase que a dualidade onda-partícula, en palabras de Stephen Hawking, é un “concepto da mecánica cuántica segundo o cal non hai diferenzas fundamentais entre partículas e ondas: as partículas poden comportarse como ondas e viceversa”.

Este é un feito comprobado experimentalmente en múltiples ocasións. Foi introducido por Louis-Victor de Broglie, físico francés de comezos do século XX. En 1924, na súa tese de doutoramento propuxo a existencia de ondas de materia, é dicir que toda materia tiña unha onda asociada a ela. Esta idea revolucionaria, fundada na analoxía coa que a radiación tiña unha partícula asociada, propiedade xa demostrada entón, non espertou grande interese, malia o acertado dos seus supostos, xa que non tiña evidencias de que realmente se producise. Porén, Einstein recoñeceu a súa importancia e cinco anos despois, en 1929, De Broglie recibiu o Nobel de Física polo seu traballo.

O seu traballo dicía que a lonxitude de onda da onda asociada á materia era

onde é a constante de Planck e é o momento linear da partícula de materia.

Véxase tamén

Outros artigos Cuantización Dualismo Efecto fotoeléctrico Experimento da dobre fenda Función de onda Mecánica cuántica Modelo atómico de Bohr Principio de indeterminación de Heisenberg Teoría da relatividade

Categoría:Mecánica cuántica