Santa Mariña de Zobra é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 152 habitantes (81 mulleres e 71 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 185 habitantes.

Historia Nesta parroquia o Mosteiro de Aciveiro tivo unha granxa priorado con terras e colonos; neste señorío sucedeulles a Casa de Chedas, que segue presidindo a arquitectura local.

Patrimonio A igrexa parroquial de Santa Mariña de Zobra, con fábrica orixinal no século XII, é obra dos canteiros locais. Tamén ofrece interese a Casa de Cabana, que estivo vinculada ao Pazo de Des, en Soutolongo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Zobra

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Zobra na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña