é a terceira entrega da serie de videoxogos de Pokémon, de xénero RPG, desenvolvidos pola compañía xaponesa Game Freak e publicados por Nintendo para a súa consola portátil Game Boy Color. O xogo é unha versión actualizada das dúas versións anteriores, Pokémon Gold e Silver, e foi lanzado no Xapón o 14 de decembro de 2000. Foi lanzado nos Estados Unidos o 29 de xullo de 2001 e en Europa o 2 de novembro dese mesmo ano. A diferenza dos seus predecesores, foi desenvolvido especialmente para a Game Boy Color e, polo tanto, non é compatible coa Game Boy orixinal, as súas variantes, e Super Game Boy.
A trama e xogabilidade de Pokémon Crystal é en gran parte a mesma que en Gold e Silver, aínda que ten novas características. É o primeiro xogo no que se pode escoller o sexo do seu personaxe, mentres que anteriormente o personaxe era sempre do sexo masculino. Os sprites dos Pokémon foron animados; por exemplo, cando un Cyndaquil entra na batalla, o lume e o seu escintileo móvense. Este recurso estaba ausente en Pokémon Ruby e Sapphire e Pokémon FireRed e LeafGreen, pero apareceu en todos os xogos seguintes. Ademais, un par de subtramas foron engadidas, unha envolvendo o Pokémon lendario Suicune, destacado na portada do xogo, e a outra que inclúen a Unown. A maior adición do xogo foi a Battle Tower, un edificio novo que permite aos xogadores participar en Pokémon Stadium. A edición xaponesa do xogo foi lanzada exclusivamente xunto co , un dispositivo que permite conectarse con outros xogadores a través do teléfono móbil.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas (USA)
Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos de Game Boy Color Categoría:Videoxogos de Game Freak Categoría:Videoxogos producidos por Shigeru Miyamoto Categoría:Videoxogos con banda sonora de Junichi Masuda Categoría:Videoxogos de Virtual Console para Nintendo 3DS