Os inuit (en inuktitut: ᐃᓄᐃᑦ, "o pobo") son un grupo de pobos indíxenas con grandes semellanzas culturais que habita na rexión do Ártico en Groenlandia, Canadá, e Alasca. Inuit é unha palabra en plural, sendo o singular Inuk. As linguas inuit están clasificadas na familia esquimó-aleutiana, e a lingua de sinais inuit é unha lingua illada empregada en Nunavut.
Nos Estados Unidos e no Canadá o termo "esquimó" foi empregado comunmente para describir ós inuit, ós iupik de Alasca e ós inupiaq. "Inuit" non está aceptado como termo para describrir ós iupik, e "esquimó" é o único termo que inclúe ós iupik, inupiaq e inuit. Porén, os pobos aborixes do Canadá e os groenlandeses ven o termo "esquimó" como pexorativo, e "inuit" fíxose máis común.The American Heritage Dictionary of the English Language: Fourth EditionSetting the Record Straight About Native Languages: What Does "Eskimo" Mean In Cree? No Canadá, as seccións 25 e 35 da Acta de Constitución de 1982 chaman "inuit" a un grupo distintivo de aborixes canadenses que non están incluídos nas Primeiras Nacións ou nos Métis.
Os inuit viven no Ártico canadense, no territorio de Nunavut; "Nunavik" no terzo norte do Quebec; "Nunatsiavut" e "NunatuKavut" en Labrador; e en varias partes dos Territorios do Noroeste, particularmente arredor do océano Ártico. Estas áreas son coñecidas en inuktitut como "Inuit Nunangat". Nos Estados Unidos, os inupiaq viven no norte de Alasca e na illa Diomedes Menor. Os inuit de Groenlandia son descendentes de migracións dende o Canadá e son cidadáns de Dinamarca, mais non forman parte da Unión Europea.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Katajjaq Relocalización do Alto Ártico
Categoría:Pobos inuit Categoría:Pobos indíxenas do Canadá