Gaztelugatxe é unha pequena illa da localidade biscaíña de Bermeo, (sanjuandegaztelugatxe.com) no País Vasco. Está unido ó continente por unha ponte de dous arcos. Sobre a illa hai unha ermida adicada a San Xoán que data do século X, aínda que algúns descubrimentos datan do século IX. Xunto con outra pequena illa veciña, a de Aketx, forma un biótopo protexido, que se estende dende a localidade de Bakio até o cabo Matxitxako, no Golfo de Biscaia.
O acceso pódese realizar dende a estrada que une Bermeo con Bakio (BI-3101).
Notas
Categoría:Illas do Cantábrico Categoría:Illas do País Vasco