Xacio Rodríguez Baño, nado en Xove en 1983, é un director do audiovisual galego. É membro da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.

Traxectoria Estudou cinematografía na Universidade de León. Despois de traballar en diversos proxectos audiovisuais dá o seu salto á dirección. Produce, escribe e dirixe varias curtametraxes, todas elas orientadas a xogar coa linguaxe audiovisual para atopar a súa propia narrativa.

Os seus filmes son parte de festivais coma os de Locarno, Donostia, Viennale, New directors/New Films MoMA, Clermont Ferrand, Telluride Film Festival, Mar del Plata, Alcine, Slamdance, Festival Málaga, Encounters, Xixón, Alternativa, Shnit, Aspen Shortfest ou Sevilla.

Filmografía miniatura|dereita|240px|Xacio Baño durante unha rodaxe. Longametraxes Trote (2018) Despois das cidades (2026) Televisión Angélica y Roberta (miniserie de TV) (2012) Curtametraxes Quentefrío (2009) – 3 min Relación de Acordes (2009) – 10 min Estereoscopía (curtametraxe) (2011) – 12 min Anacos (curtametraxe) (2012) – 6 min Entre el relámpago y el trueno (curtametraxe) (2013) Ser e voltar (curtametraxe documental) (2014) – 13 minhttp://serevoltar.rebordelos.com Eco (curtametraxe) (2015) - 20 minhttp://eco.rebordelos.com Augas Abisais (curtametraxe) (2020) - 25 minhttp://augasabisais.rebordelos.com Contra o inverno (curtametraxe) (2023) - 5 min Non te vexo (curtametraxe) (2023) - 14 min Platónico, Platónica (2024) - 9 min

Véxase tamén Ligazóns externas Rebordelos empresa cultural, xunto con Tamara Canosa Xacio Baño web

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Xove Categoría:Nados en 1983 Categoría:Alumnos da Universidade de León