O latin metal é unha denominación dentro do heavy metal atribuída a aqueles grupos que teñen unha orixe, influencias ou instrumentacións adaptadas dende a música latina, como por exemplo a inclusión de voces en español, instrumetos de percusión latina e ritmos adaptados dente outros xéneros como a salsa. A súa orixe remóntase aos anos 1970 e 1980 en países de Latinoamérica grazas a cada vez maior influencia e popularidade mundial do heavy metal e do rock da época. Nos Estados Unidos comezou a destacar comercialmente a partir dos anos 1990, con diversos selos discográficos buscando beneficiarse da medrante popularidade do pop latino, coma por exemplo na compilación Metalo do selo Grita! Records, que incluíu temas de Ill Niño e Puya entre outros.

Grupos como Sepultura e Soulfly adoitan citarse como predecesores deste estilo. Ill Niño é probablemente o expoñente máis coñecido do xénero, ao acadar certo éxito comercial cos seus dous primeiros álbums e obter unha forte difusión radiofónica en diversas zonas dos Estados Unidos, coma por exemplo na área de San Antonio.

Notas

Categoría:Subxéneros do heavy metal