O pagan metal é unha denominación estilística do heavy metal relacionada co black metal e o folk metal que combina características do metal extremo con tradicións pre-cristiás en forma de conceptos temáticos, melodías e instrumentos folclóricos ou linguas antigas. O grupo noruegués In the Woods... foi un dos primeiros en ser clasificados con esta denominación, e outros grupos como Primordial, Moonsorrow e Kampfar identifícanse tamén dentro deste estilo.
Notas
Categoría:Subxéneros do heavy metal