Poetarras é un grupo musical e cómico galego creado no 2013. Está formado polos cangueses Manuel Gago e Rubén Lino, polo bueués Pablo Lamosa e o amesán Daniel Vilaverde. Acadaron sona a través de vídeos publicados na súa conta de YouTube nos cales fan covers humorísticos de cancións como "Roar" de Katy Perry, "Let It Be" de The Beatles ou "Hasta siempre, comandante" de Carlos Puebla.
Tamén fan sketchs cómicos que escriben, dirixen e interpretan eles mesmos. No 2014, gañaron o premio á mellor serie web en lingua galega no festival "Carballo Interplay".
No 2015 participaron en festivais como o Revenidas, ou nos magostos populares da organización Galiza Nova realizados en diversas localidades galegas.
No 2016 participaron no centenario das Irmandades da Fala coa composición da canción iFala participando no seu videoclip cantantes coma Sés ou o humorista David Amor.
Tamén volveron ó Revenidas, así como o Festival SonRías Baixas de Bueu ou o Castañazo Rock de Chantada.
Composición Daniel Villaverde: Voz. Rubén Lino: Voz, guitarra e caixa. Manuel Gago: Voz, teclado, acordeón, maracas e frauta melódica. Pablo Lamosa: Guitarra.
Polémica En maio de 2015, os sindicatos en Galicia da Policía e da Garda Civil, UFP e Unión GC, denunciaron a presenza de Poetarras e Def Con Dos no Festival de Cans por "respeto a las víctimas de la violencia". As Novas Xeracións do PPdeG atribuíronlle ó grupo "apoloxía do terrorismo" sendo acusados de proetarras.
Notas
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais formados en 2013 Categoría:Grupos musicais en galego