A Facultade de Matemáticas forma parte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e está situada na avenida Lope Gómez de Marzoa, no campus sur de Santiago de Compostela. É a única que hai en Galicia.
Historia miniatura|Placa do 50 aniversario da Licenciatura de Matemáticas na USC. A licenciatura en matemáticas iniciouse na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1957-58.Facultade de Matemáticas - Historia A pesar de que a Facultade de Matemáticas se instituíu en 1977, con Enrique Vidal Abascal como primeiro decano, a súa sede continuou na Facultade de Ciencias (hoxe Facultade de Química). En 1983, trasladouse á súa localización actual, un edificio obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat.Facultades de Matemáticas e Bioloxía Coa entrada en vigor da Lei de Reforma Universitaria no curso 1985/1986, a Facultade divídese nos departamentos de Álxebra, Análise Matemática, Estatística e Investigación Operativa, Matemática Aplicada e Xeometría e Topoloxía.
Dende o curso 2008/2009 impártese neste centro o Grao en Matemáticas, ao que se engadiron no curso 2015/2016 os dobres graos en Enxeñaría Informática e en Matemáticas e en Matemáticas e en Física.
Funtor de Breogán é o equipo da Universidade de Santiago de Compostela na Liga Matemática.
Estudos Graos Grao en MatemáticasGrao en Matemáticas Dobre grao en Enxeñería Informática e en MatemáticasDobre Grao en Enxeñaría Informática e en Matemáticas Dobre grao en Matemáticas e FísicaDobre Grao en Matemáticas e en Física
Másters Máster en MatemáticasMáster Universitario en Matemáticas, non se ofrece porque non se lle concedeu a singularidade para o curso académico 2025/26 e, polo tanto, créase "En defensa do mestrado de Matemáticas da USC" Máster en Matemática IndustrialMáster Universitario en Matemática Industrial Máster en Técnicas EstatísticasMáster Universitario en Técnicas Estatísticas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Facultades en Santiago de Compostela Categoría:Matemáticas en Galicia