O rego de Argusende é un pequeno afluente do curso alto do río Miño pola súa marxe esquerda. O seu curso discorre polo concello de Lugo.
Curso Nace a pouca distancia da aldea da Gándara (Santa Comba), debaixo dunha planta de procesado de madeira, e atravesa a autovía A-54. Preto de Albares recibe a un pequeno regato pola marxe esquerda. O tramo final descende por unha valgada suave e introdúcese por un cano na antiga depuradora de Lugo, onde desemboca no Miño pola marxe esquerda.
Notas
Categoría:Afluentes do Miño Categoría:Ríos da provincia de Lugo