O Chesapeake Energy Arena, antes coñecido como Ford Center (2002–2010) e Oklahoma City Arena (2010–2011), é un pavillón polideportivo cuberto situado na cidade de Oklahoma City (Oklahoma, Estados Unidos). Actualmente, é sede do equipo de baloncesto da National Basketball Association (NBA) Oklahoma City Thunder. Ten capacidade para 18.203 espectadores para partidos de baloncesto, a cal pode variar para outro tipo de actividades ou espectáculos, como o hóckey sobre xeo (18.036), fútbol americano a oito (17.868), wrestling (14.708) ou concertos (19.711). Entre 2005 e 2007 foi a sede dos New Orleans Hornets debido aos efectos do furacán Katrina.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Chesapeake Energy Arena
Categoría:Pavillóns da NBA Categoría:Oklahoma City Thunder Categoría:New Orleans Hornets Categoría:Pavillóns de baloncesto dos Estados Unidos de América