miniatura|Home sorprendido. Denomínase sorpresa a impresión que produce un feito ou acontecemento que non se espera. Considerada polo experto nas expresións faciais, Paul Ekman, como unha das seis emocións básicas (medo, aversión, ira, alegría tristeza e a propia sorpresa).

Segundo Paul Ekman no seu libro Unmasking The Face, a sorpresa pode ter valencia dos tres tipos, é dicir, neutro, positiva ou negativa.

Como identificala Para ver se unha persoa está sorprendida, na súa cara veranse algún dos seguintes síntomas: Cellas elevadas Pálpebras abertas Pel enriba das cellas tensa Boca aberta e mandíbula baixa

Xa que a sorpresa é unha emoción de calquera valencia, pode estar seguida de calquera emoción, sendo pois posible sentir felicidade ou medo tras a sorpresa.

Notas

Categoría:Emocións