Atricondo foi unha mansión na antiga Vía Romana XX per loca maritima do itinerario de Antonino entre Glandimiro st. CLXXX e Brigantium m.p.. Descoñécese a súa posición exacta na vía pero suxeriuse que podería estar preto da lagoa de Alcaián antes de Coristanco ou que puidese estar ao saír da vía de Ardemil, Ordes, como no lugar do Castro Maior de Vizoño, Abegondo.
Lugar Non existen restos arqueolóxicos descubertos de Atricondo e a súa posición exacta na vía XX segue en debate. No texto da vía XX cítase a esta mansión colocándoa entre «...Glandimiro st. CLXXX, Atricondo m.p. XXII, Brigantium m.p. XXX...». Os primeiros estudos arqueolóxicos propuxeron que estaría preto da lagoa de Alcaián, chegando a Seavia, Coristanco, cando o camiño iría en dirección Carballo ou outros que Atricondo estaría en Trigunde, Restande, Trazo antes de ir camiño de Brigantium, que sería Sobrado. Despois outros autores situárona no punto máis occidental da vía XX despois nunha ruta en dirección Norte-Oeste no Val de Barcala chegando a Glandimiro (Brandomil).
Outra das liñas que se postularon desde o 2000 foron que Atricondo sería unha desviación da vía desde Carballo cara a Cidadela de Brigantium, que sería A Ciadella en Sobrado, e a Lucus Augusti, Lugo, e que correspondería cunha mansión nalgún lugar de Abegondo. Esta proposta situaríaa ao medio do camiño entre Gladimiro, Carballo, e Brigantium, A Ciadella, Sobrado, e que corresponde cun punto ao pasar o Mesón do Vento, Ardemil e antes de chegar ao Hospital de Bruma ou ao Castro Maior de Vizoño. Refírense a que ese lugar que é un punto natural de desvío a varias áreas do norte galego.
Esta última proposta estaría apoiada polos lugares con similitude toponímica. Atricondo, ten a variante Trigondo (ao igual que o lugar que se cita en Restande, Trazo) é un topónimo prerrománico perdido, mais que ten unha similitude cos topónimos xermánicos que abundan nunha área: o de Abegondo, Bergondo, Cullergondo e Mabegondo. Estes teñen unha raíz céltica -*kondo que podería significar algo como cabeza ou protuberancia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Villanueva, Raul, Las vías romanas 19 y 20 del Itinerario de Antonino, 2006 .
Outros artigos Lista de vías romanas
Categoría:Vías romanas de Hispania Categoría:Gallaecia Categoría:Coristanco Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes