A Colson House () é un edificio de arquitectura neoclásica vitoriana construído en Gainesville, Florida no ano 1905Historic Preservation - Alachua County. Southeast Historic District, Gainesville . Consultado o 8-12-2015 . Está no número 607 da East University Avenue de dita cidade.
Historia Barney Ralph Colson (1878-1935) fundou a compañía de seguros Florida Land and Title CompanyColson Title Company Inc , compañía de seguros creada en 2005, continuando o labor da antiga compañía creada en 1885 , a máis importante da cidade durante máis de cincuenta anos. Este casou en 1904 con Eddie Sue Bowers e mandou construír o edificio vitoriano preto da Kirby Smith School, na University Avenue, xunto ao recinto da recentemente fundada Universidade de Florida. De feito, Barney Colson foi o primeiro presidente da Asociación de Alumnos da Universidade de FloridaColson Title Company Inc - About us . Consultado o 8-12-2015 . Este edificio foi ocupado pola familia do doutor James Colson durante máis de setenta anos. O ático dispón dunha fiestra de vidro de cor infrecuente con cristais en forma de diamante.
En 1977 o edificio transformouse en oficinas para avogados. A casa foi a sede da compañía teatral Star Center Youth Theatre e, máis tarde, sede do servizo titorial da Florida Smart Kids (Nenos Superdotados de Florida). Actualmente alberga un negocio relacionado co apoio á maternidadeThe Birth & Wellness Center of Gainesville, LLC . Consultado o 8-12-2015 .
A casa atópase xunto ao establecemento hoteleiro Sweetwater Branch Inn Bed & Breakfast, un complexo composto pola Cushman-Colson House (outra casa vitoriana construída ao redor de 1885, relacionado coa mesma familia) e da McKenzie House (edificio de tres plantas construído cerca de 1895 en estilo vitoriano da raíña Ana, catalogado no Rexistro Nacional de Lugares Históricos"McKenzie, Mary Phifer, House" , no National Park Service. Consultado o 8-12-2015 ).
Notas
Categoría:Monumentos no Condado de Alachua, Florida