OREX (acrónimo de Orbital Reentry Experiment), bautizado despois do lanzamento como Ryusei, foi unha cápsula de reentrada da antiga NASDA (despois integrada na axencia espacial xaponesa JAXA) lanzada o 3 de febreiro de 1994 mediante un foguete H-II desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características A misión de OREX enmarcouse na investigación levada a cabo para o avión espacial xaponés HOPE. OREX era unha cápsula deseñada para recoller datos durante a reentrada, en contornos que non poden reproducirse en experimentos en terra. OREX foi lanzado por un foguete H-II e reentrou tan só unha órbita despois, retransmitindo os datos recollidos tras a reentrada, durante a caída, para finalmente amarar no océano Pacífico.
Algúns dos campos que estudou OREX foron os seguintes:
Quecemento aerodinámico durante a reentrada. Resistencia estrutural á calor durante a reentrada. Perda de comunicacións durante a reentrada. Navegación GPS en órbita e durante a reentrada.
OREX tiña forma de cono coa punta roma, co frontal recuberto de carbono-carbono para soportar as temperaturas da reentrada e o resto cuberto con baldosas cerámicas.
Notas
Categoría:Satélites artificiais