Santa Baia de Meira é unha parroquia que se localiza no concello de Moaña. Segundo o IGE en 2022 tiña 3 927 habitantes (1 986 mulleres e 1 941 homes). Ten oito entidades de poboación.
Demografía
Patrimonio Entre o seu patrimonio, cabe destacar a presenza de petróglifos: as dez estacións da parroquia son o petróglifo da Chan do Caeiro, petróglifo da Devesa do Rei, petróglifo da Torre de Meira, petróglifo da Xesteira, petróglifo das Meáns, petróglifo de Bronlle, petróglifo de Meira, petróglifo do Pozo Garrido, petróglifo do Viveiro e os petróglifos da Borna.
Ademais da igrexa parroquial de Santa Baia hai unha capela dedicada á Virxe Peregrina e unha ermida dedicada a San Bartolomeu, no centro da antiga illa de mesmo nome.
Festas No ano 2011 recuperouse o entroido de Meira, baseado na danza de madamas e galáns e desaparecido nos comezos da guerra civil española.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Meira
Parroquias de Moaña
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Moaña
Categoría:Parroquias de Moaña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia