Darío Barrio Domínguez, nado en Madrid o 11 de decembro de 1972 e finado en Segura de la Sierra, Xaén o 6 de xuño de 2014, foi un afamado cociñeiro dentro da cociña española, coñecido por realizar a primeira etapa do programa de televisión Todos contra el Chef, de Cuatro. Faleceu mentres practicaba salto base na pedanía de Caseríos Nuevos, en Segura de la Sierra, Xaén.Muere el cocinero Darío Barrio mientras practicaba salto base

Traxectoria O quinto de seis irmáns, manifestaba a súa inquietude pola cociña desde os 14 anos, nos que alternaba os estudos de Hostalaría (dous anos en Granada e tres anos en As Palmas de Gran Canaria) mentres realizaba prácticas de cociña en diferentes restaurantes de Donostia, Santander, Xirona e Madrid (nesta última cidade, traballou no Restaurante Hellen´s rexentado por uns amigos da familia). Tralos seus estudos en España viaxou por diferentes países de Europa e Estados Unidos durante un período de case 13 anos, cociñando en Zürich, Londres, Bordeos e Pensilvania.

Posuía o restaurante Dassa Bassa en Madrid desde xuño de 2004, no que ademais exercía de cociñeiro.

Faleceu en accidente o 6 de xuño de 2014, no transcurso da primeira xornada da XV Edición do «Festival Internacional de Cine del Aire El Yelmo» de Casaríos Nuevos, en Segura de la Sierra.Festival Internacional de Cine del Aire "El Yelmo" Precisamente o acto era unha homenaxe a Álvaro Bultó, falecido nas mesmas circunstancias dez meses antes.Muere el cocinero Darío Barrio

Estaba separado de Itziar Ortega e tiña dous fillos varóns con ela, Telmo e Lucas.Wire ImageEl Mundo

Televisión Todos contra el chef (2005-2006) (Cuatro). Channel nº4 (2005-2008) (Cuatro). Las Mañanas de Cuatro (2006-2010) (Cuatro). Darío Diario (2008-2009) (Cuatro). Bombón (2010-2011) (Canal Cocina). Darío y Cía (2011-2012) (Canal Cocina). Splash! Famosos al agua (2013) (Antena 3) - Concursante. Aventura Límite : After Earth Experiencie (Discovery Max). Ruta 179 (Telemadrid).

Premios (2008) Premio ao Home do ano pola revista Men´s Health. (2006) Premio Aura ao impulso gastronómico (2005) Premio Restaurante Revelación en La luna de Metrópoli. (2005) Premio ao Restaurante Revelación en Madrid Fusión (2002) Segundo clasificado no VIII Campionato de Cociñeiros da Comunidade de Madrid. (2001) Primeiro clasificado no VIII Campionato Oficial de Cociña da Comunidade de Madrid. Premio Amer á Iniciativa Gastronómica.

Obras "Las recetas de Todos contra el chef", Darío Barrio, setembro de 2006, editado por Aguilar, ISBN 978-84-03-09717-9.Casa del Libro "Cocina, disfruta, vive", Darío Barrio, maio de 2013, editado por La Esfera de Los Libros, ISBN 978-84-9970-809-6.Casa del Libro

Notas

Véxase tamén

Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en 1972 Categoría:Cociñeiros de España Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid