miniatura|343x343px|Unha páxina do libro de citas de Israel o Gramático, onde comenta a Isagoge de Porfirio Israel o Gramático (c. 895 – c. 965) foi un dos principais eruditos europeos de mediados do século X. Na década de 930, estivo na corte do rei Æthelstan de Inglaterra (924–39). Despois da morte de Æthelstan, buscou con éxito o padroádego do arcebispo Rotbert de Tréveris e converteuse no titor de Bruno I, máis tarde arcebispo de Colonia. Hai rexistros de que a finais da década de 940 Israel era bispo, e ao final da súa vida era un monxe no mosteiro beneditino de San Maximino de Tréveris.

Israel era un poeta consumado, discípulo do filósofo irlandés do século IX, Xoán Escoto Eríxena, e un dos poucos eruditos occidentais do seu tempo que entendía grego. Escribiu tratados de teoloxía e de gramática, e comentarios sobre a obra doutros filósofos e teólogos.

Antecedentes alt=Map of the Carolingian Empire|left|miniatura|270x270px|O Imperio Carolinxio no momento da súa máxima extensión, pouco antes do nacemento de Israel O reinado de Carlomagno viu un rexurdimento da cultura en Europa desde finais do século VIII coñecido como o Renacemento Carolinxio. O Imperio Carolinxioderrubouse a finais do século IX. O século X considérase unha época de declinación, descrita como a "Idade de Ferro" por un Consello Franco de 909. Porén, esta imaxe negativa do período é cada vez máis cuestionada polos historiadores; segundo a opinón de Michael Wood "a primeira metade do século X viu moitos desenvolvementos notables e formativos que moldearían a historia e a cultura europeas."Wood, "A Carolingian Scholar", p. 135 A Biblia seguiu a ser a primeira fonte de coñecemento, mais o estudo dos autores clásicos, quen anteriormente foran demonizados como pagáns, fíxose cada vez máis aceptables.Leonardi, "Intellectual Life", pp. 186–188

Cando Alfredo o Grande converteuse en rei de Wessex en 871, decatouse de que no sur de Inglaterra achábase nun nivel baixo e de que non había eruditos latinos. Entón emprendeu un programa de rexurdimento, traendo eruditos desde Europa Continental, Gales e Mercia, e el mesmo traduciu do latín á lingua vernácula textos que considerou importantes. O seu neto, Æthelstan, continuou esa obra convidando a Inglaterra eruditos estranxeiros como Israel, e nomeando clérigos do continente como bispos. Na década de 930 o nivel da cultura aínda non era o bastante alto para fornecer os bispados con cregos ingleses cultos. A xeración educada no reinado de Æthelstan, como o futuro bispo de Winchester, Æthelwold, quen foi educado na corte, e Dunstan, quen chegou a ser arcebispo de Canterbury, continuaron a elevar a cultura inglesa.Lapidge, Anglo-Latin Literature, pp. 5–24; Wood, "A Carolingian Scholar", p. 138; Leonardi, "Intellectual Life", p. 191

Mocidade Sábese moi pouco da mocidade de Israel. Michael Lapidge data o seu nacemento arredor do ano 900, mentres que Wood o coloca un pouco antes, arredor do ano 890.Lapidge, Anglo-Latin Literature, pp. 88–89Wood, "A Carolingian Scholar", p. 138 Foi discípulo de Ambrosio e pasou un tempo en Roma, mais non se sabe quen era Ambrosio ou se foi titor de Israel en Roma.Lapidge, Anglo-Latin Literature, pp. 88, 92 Segundo Wood, na década de 930 Israel era monxe en Saint-Maximin, en Tréveris.

As fontes do século X proporcionan evidencias contraditorias sobre a orixe de Israel. Ruotger, na súa vida de Bruno referiu a Israel como irlandés, mentres que Flodoard na súa Crónica o descubriu como "britto", o cal pódese referir a Bretaña, Cornualla ou Gales, os tres refuxios de fala celta para os britanos que fuxían da invasión anglosaxoa sobre Inglaterra.Lapidge, Anglo-Latin Literature, p. 90 Segundo Lapidge: "O consenso dos estudosos modernos está a favor dunha orixe irlandesa, mais o asunto non foi investigado correctamente."Lapidge, Anglo-Latin Literature, pp. 87–88 Lapidge argumenta que o bispo de Bangor, no Condado de Down, Dub Innse, describiu a Israel como un "erudito romano", e polo tanto non parece recoñecelo como un compatriota irlandés. Lapidge di que Flodoard foi contemporáneo de Israel e que quizais o coñecese, mentres que Ruotger escribiu após a morte de Israel e probablemente non tivo datos de primeira man. No século X, dar aos nenos nomes do Antigo Testamento hebreo, como Israel, era común en áreas celtas. Lapidge conclúe que Bretaña é máis probable que Gales ou Cornualla, pois os manuscritos asociados con el teñen glosas bretoas, e a corte de Æthelstan era un refuxio para os eruditos bretóns que fuxían da ocupación viquinga da súa patria.Lapidge, Anglo-Latin Literature, pp. 89–92, 99–103

En 2007, Wood reviviu a teoría irlandesa, cuestionando que o "Israel Britto" de Flodoard significase "bretón", e sostendo que Ruotger coñeceu a Israel. A biógrafa de Æthelstan, Sarah Foot, menciona a opinión de Wood, mais rexéitaa, explicando que Israel non foi irlandés e que quizais fose bretón.Wood, "Stand Strong Against the Monsters", pp. 205–206; Wood, "A Carolingian Scholar", pp. 141–142Foot, Æthelstan, p. 104 Thomas Charles-Edwards, historiador do Gales medieval, pensa que talvez fose galés.Charles-Edwards, Wales and the Britons, p. 635 miniatura|360x360px|Ilustración do século XII do "xogo dos evanxeos", o taboleiro que Israel e Franco debuxaron para Dub Innse

Corte de Æthelstan Sábese da presenza de Israel en Inglaterra grazas a un exemplar do evanxeo escrito en Irlanda cara ao 1140, o cal contén a copia dun debuxo e dunha explicación do século X, dun xogo de taboleiro chamado Alea Evangelii, baseado en táboas canónicas (concordancias de textos paralelos dos catro evanxeos). Segundo a tradución de Lapidge dunha nota do manuscrito: Aquí empeza o Dado[s] do Evanxeo o cal Dub Innse, bispo de Bangor, trouxo do rei inglés, quen é da casa de Æthelstan, rei de Inglaterra, debuxado por certo Franco [ou Frank] e por un erudito Romano, que é Israel.Lapidge, Anglo-Latin Literature, p. 89 Parece que o copista do século X mudou a nota de Dub Innse, escrita en primeira persoa, á terceira persoa. Nunha pasaxe posterior interpreta "erudito romano, que é Israel" como "xudeu romano" (Iudeus Romanus). Algúns historiadores, incluíndo David Wasserstein, tomaron isto como mostra de que houbo un erudito xudeu na corte de Æthelstan, mais Lapidge sostén que esta interpretación foi un malentendido do copista, e esta opinión xeralmente e a aceptada polos historiadores.Wasserstein, "The First Jew in England", pp. 283–288; Lapidge, Anglo-Latin Literature, p. 89, n. 17; Foot, Æthelstan, p. 104 Crese que Israel é Israel o Gramático, descrito como erudito romano debido ao seu tempo na cidade, e o xogo dos evanxeos do manuscrito demostra que pasara un tempo na corte de Æthelstan. Unha serie de manuscritos asociados con Israel, incluíndo dúas das catro copias coñecidas do seu poema De Arte Metrica, escribíronse en Inglaterra.Lapidge, Anglo-Latin Literature, pp. 92–103 Segundo a opinión de Foot: Israel proporciona unha atractiva ligazón entre as esferas da camaradaría masculina dunha corte real convencional e a atmosfera académica máis enrarecida que a Æthelstan quizais gustáralle que tanto os seus contemporáneos como a posteridade pensasen que tivo interese en promover.Foot, Æthelstan, p. 105 Israel era un practicante do "estilo hermenéutico" do latín, caracterizado por frases largas e complexas e unha predilección polas palabras raras e os neoloxismos. Probablemente influíu sobre o amanuense que os historiadores coñecen como "Æthelstan A", un expoñente temperán dese estilo nos documentos que redactou entre 928 e 935.Lapidge, Anglo-Latin Literature, p. 105; Gretsch, Intellectual Foundations, pp. 314, 336; Woodman, "Æthelstan A", pp. 227–228 O latín hermenéutico deviría no estilo dominante do movemento reformista do inglés beneditino de finais do século X, e Israel quizais foi un mentor temperán dun dos seus líderes, Æthelwold, na corte de Æthelstan, na década de 930.Gretsch, Intellectual Foundations, pp. 314–315, 336; Lapidge, Anglo-Latin Literature, p. 111 Os textos latinos que Israel trouxo á corte de Æthelstan estaban influídos por escritores irlandeses, e a historiadora Jane Stevenson considéraos unha contribución dun elemento hiberno-latino ao estilo hermenéutico inglés.Stevenson, "The Irish Contribution", p. 276

Carreira posterior O poema de Israel De arte metrica estaba dedicado a Rotbert, arcebispo de Tréveris. Case con certeza foi composto en Inglaterra, e a dedicatoria probablemente foi unha petición exitosa para obter o padronádego de Rotbert cando Æthelstan morreu, en 939. Desde arredor de 940 Israel foi titor de Bruno, o futuro arcebispo de Colonia e irmán do emperador Odón o Grande. Froumund de Tegernsee describiu Israel como a "luz máis billante" de Rotbert. En 947 Israel asistiu a un sínodo en Verdún presidido por Rotbert, onde foi mencionado como bispo, mais sen que se identificara a súa sé.Lapidge, Anglo-Latin Literature, pp. 88, 103; Wood, "A Carolingian Scholar", p. 159 Era famoso como mestre de escola e probablemente xogou un papel importante no establecemento dunha escola na corte do emperador Odón, en Aquisgrán.Wood, "A Carolingian Scholar", p. 142

As fontes do século X describen a Israel como bispo; arredor de 950 un home con ese nome é sinalado como bispo de Aix-en-Provence, mais non é seguro que fose a mesma persoa.Lapidge, Anglo-Latin Literature, p. 88 Entre 948 e 950 quizais tivo un bispado en Aquisgrán, onde debateu ideas cristiás sobre a Trindade cun intelectual xudeu chamado Salomón, probablemente o embaixador bizantino daquel nome.Wood, "A Carolingian Scholar", p. 160 Retirouse para ser monxe no mosteiro beneditino de San Maximino de Tréveris, e morreu o de 26 de abril dun ano que se ignora. Lapidge data a súa morte arredor de 970, mentres que Wood antes de 967–68.Lapidge, Anglo-Latin Literature, pp. 88–89; Wood, "A Carolingian Scholar", pp. 138, 161

Coñecementos Os documentos que produciu desde 928 o amanuense do rei Æthelstan, "Æthelstan A", inclúen palabras infrecuentes case con certaza copiadas dos poemas hiberno-irlandeses Adelphus adelphe e Rubisca. Os poemas mostran un sofisticado coñecemento do grego e Lapidge descríbeos como "inmensamente difíciles". É probable que Israel os trouxera do continente. É probable tamén que Adelphus adelphe fora obra súa, e tamén é posible que Rubisca o fora.Lapidge, "Israel the Grammarian", Blackwell EncyclopediaWoodman, "Æthelstan A", pp. 227–228

Mechthild Gretsch describe a Israel como "un dos homes máis cultos de Europa", e Lapidge di que era "un consumado gramático e poeta, e un dos poucos eruditos do seu tempo en ter coñecemento de primeira man do grego".Lapidge, "Israel the Grammarian", Blackwell EncyclopediaGretsch, Intellectual Foundations, p. 314 O coñecemento do grego era tan raro en Europa occidental na época que na década de 870 Anastasio o Bibliotecario era incapaz de atopar a alguén competente para corrixir a súa tradución dun texto grego, e tivo que facelo el mesmo.Leonardi, "Intellectual Life", p. 189 Israel escribiu sobre teoloxía e obras sobre medicina. Na década de 940 interesouse no filósofo irlandés Xoán Escoto Eríxena e comentou as súas obras nun manuscrito conservado en San Petersburgo.Lapidge, Anglo-Latin Literature, pp. 87, 103 Nun manuscrito que glosa a Isagoge de Porfirio recomenda o Periphyseon de Eríxena. A súa redacción dun comentario sobre a Ars Minor de Donato foi un importante texto de ensino na Idade Media, e aínda imprimíase no século XX.Wood, "A Carolingian Scholar", pp. 140, 149

Notas

Referencias

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Teólogos cristiáns