A igrexa de San Francisco é un templo relixioso situado no Paseo das Pontes da Coruña, área cruzada diagonalmente por un antigo acueduto. Orixinalmente estaba na Cidade VellaDenominación popular do casco antigo da cidade, que coincide co trazado medieval. e formaba parte do primitivo convento franciscano situado fóra das antigas murallas, nun outeiro elevado sobre as rochas, fronte ao mar. Esta localización fóra das murallas foi precisamente o motivo da súa destrución, xa que durante o cerco inglés da Coruña, no século XVI, foi incendiada para evitar que o inimigo se fortificase no convento.
As súas ruínas, cando inda estaban na localización orixinal, foron declaradas Monumento Nacional por Orde do 16 de marzo de 1939.
Historia miniatura|esquerda|Ruínas da localización orixinal da igrexa. Inda que existen citas de 1262 e 1279 sobre os «frades menores da Coruña»Ángel del Castillo di que "recordamos haber visto una lápida sepulcral del año 1289". Atribúeselle ao monxe Fr. Benincasa de Todi, enviado polo propio San Francisco de Asís, a fundación do convento cara ao 1214 e os seus restos estarían colocados so o arco toral da capela maior., o primeiro testemuño escrito sobre a existencia do convento data de 1423. No convento aloxáronse personaxes como Afonso XI en 1345, o Emperador Carlos V, que congregou alí mesmo as Cortes en 1520, denantes da saída cara a Alemaña,Embarcou moi preto do convento, na desaparecida praia do Parrote, onde unha porta de pedra conmemora o acontecemento. e o seu fillo, o futuro Filipe II, en 1554.
En 1589 o Marqués de Cerralbo, capitán xeneral de Galicia, ordenou incendiar o convento para evitar que fose empregado polos ingleses durante o sitio de Drake, mais foi logo reconstruído no mesmo lugar. En 1651 sufriu un novo incendio debido á explosión da próxima polvoreira de San Carlos, situada onde actualmente está o xardín do mesmo nome.
Despois da exclaustración de 1835 foi convertido en cárcere correccional e, posteriormente, instaláronse as dependencias da 8ª Compañía Xeral do Exército, polo que a igrexa se foi derruíndo progresivamente. A principios do século XX só se conservaba parte da fachada do convento e o resto estaba adaptado para usos militares. En 1964, a igrexa foi trasladada ao lugar actual, e inda que estaba en funcionamento, fallaba por completar o acceso pola súa fachada principal. A configuración existente da igrexa databa dos séculos XIV e XV, inda que na súa nova localización foi moi modificada. A reconstrución fíxose a partir das tres capelas da cabeceira, unha capela do século XVI que se cambiou de situación relativa e a portada principal.
Descrición Ángel del Castillo, que estudou e debuxou a súa planta na súa situación orixinal, considéraa un «exemplar oxival típico de Galicia, do século XIV ao XV, a igrexa, con supervivencias románicas na ornamentación».
Interior miniatura|Altar maior. A igrexa, de planta de cruz latina, ten unha soa nave, inda que orixinalmente tiña dúas, a central maila lateral sur. O cruceiro está formado tamén por unha única nave. A nave principal cóbrese con teitume de madeira a dúas augas, semellante á que debeu ter no seu día, mais agora sostida por arcos escarzanos de nova feitura. Tamén, analogamente, presenta un coro aos pés, cun órgano. A nave divídese transversalmente en catro tramos por arcos moi rebaixados, de moderna feitura. Está iluminada por unha xanela grande oxival á altura do coro, sobre a portada occidental, outras dúas fiestras grandes oxivais situadas nos dous tramos centrais a ambas as bandas da nave, e por dous pequenos rosetóns situados no primeiro tramo da nave a partir da encrucillada. Na parede, hoxe nordés, da nave sitúanse dous arcosolios sen os correspondentes sartegos e monumentos funerarios.
A cabeceira está formada por tres ábsidas aliñadas, que coinciden cos tramos do cruceiro, a maior poligonal e as laterais de planta rectangular. Os arcos de ingreso ás correspondentes capelas son moi levemente apuntados, sendo máis apuntados os arcos torais que enmarcan o cruceiro.
A ábsida central esá cuberta por unha bóveda nervada de abano composta por oito arcos acanalados que proveñen de sinxelos capiteis sobre columnas acaroadas, enmarcando os catro centrais tres esveltas xanelas trilobuladas so arcos apuntados. As capelas laterais cóbrense con bóvedas máis sinxelas de cruzaría e están iluminadas tamén por fiestras trilobuladas baixo arcos apuntados. Na do Evanxeo consérvanse tres arcosolios apuntados profusamente ornamentados con motivos xeométricos, que se atopan lateralmente e na da Epístola outros dous, correspondentes todos eles a desaparecidos monumentos funerarios.
Na primitiva configuración da igrexa, no extremo do cruceiro correspondente ao Evanxeo en que agora se sitúa o acceso, que non portada, principal á igrexa achábase unha capela do século XVI, de bóveda estrelada e sobrias parellas de arcosolios laterais, correspondentes a antigos monumentos funerarios. Agora está situada no ángulo que forman o muro sueste da nave e o extremo do cruceiro correspondente á Epístola. En forzada simetría, apoiada no brazo oposto do cruceiro, sitúase a actual sancristía, que non existía na antiga localización.
Exterior miniatura|Exterior. 150px|miniatura|esquerda|Torre primitiva do convento de San Francisco, xunto á igrexa da Orde Terceira. A única parte que realmente corresponde á igrexa orixinal é a teórica portada principal, sendo evidente que toda a fábrica exterior da igrexa é obra nova. Está formada por unha tripla arquivolta sobre pequenas columnas acodilladas, baixo un arco moi sinxelo de volta perfecta integrado nun lenzo de fábrica que sobresae levemente da fachada. So da portada principal érguese unha especie de cripta co acceso situado xusto so desta, o que dificulta unha solución axeitada do exterior da igrexa e o seu acceso lóxico a esta.
A torre, situada no ángulo norte da mesma fachada, é tamén da segunda metade do século XX e lembra esencialmente á de San Francisco de Lugo. A torre primitiva das campás, obra de finais do século XVI a principios do XVII e, polo tanto, non contemporánea coa igrexa gótica, inda que conserva algúns relevos medievais,Estes relevos atópanse empotrados na fábrica da torre. deixouse na súa localización orixinal, coa igrexa irmá da Orde Terceira, que segue aberta ao culto. Os contrafortes da ábsida principal, inda que situados na mesma posición que os anteriormente existentes, tamén son recentes.
Ruínas miniatura|Pozo do antigo convento.|alt= As ruínas da igrexa foron declaradas monumento histórico artístico o 16 de marzo de 1939. Tralo traslado dos restos, parte das ruínas foron ocupadas polo Museo Militar e durante a ampliación deste museo apareceron novos restos.
En 1991 os antigos terreos do exército foron convertidos no Xardín da Mestranza, no que se integraron os restos conservados in situ.Parques e xardíns Tamén se conserva un pozo do antigo convento.Galicia pueblo a pueblo
Nos primeiros anos do século XXI comezaron novas escavacións arqueolóxicas para converter os restos nun museo ao aire libre, atopándose restos anteriores á construción da igrexa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Coruna San Francisco Categoría:Igrexas góticas de Galicia Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña Categoría:Edificacións desaparecidas