Pedro Gómez Antón, nado o 31 de xaneiro de 1933Dos hombres buenos y sacerdotes ejemplares, artigo de José Carlos Fernández Otero, en La Región, 25/12/2015. en Ourense e finado o 23 de decembro de 2015 na mesma cidade, foi un crego, xornalista e escritor galego. Traxectoria Fillo dun bombeiro de Ourense«Soy más cura que periodista porque no tuve más remedio que elegir», La Región, 17/1/2009., Gómez Antón estudou nos seminarios católicos de Ourense e en 1956 é ordenado sacerdote. Continuou estudando e licenciouse en Teoloxía en 1962 na Universidade Pontificia de Comillas e en Xornalismo en 1965 na Universidade Complutense de Madrid. A súa carreira como crego lévao primeiro á parroquia de Santa Eufemia, no centro de Ourense, e despois a Valongo, Santo André do Castro de Beiro (desde 1965) e As Lagoas (desde 1984 ata a súa xubilación en 2012).

En 1967 nomeárono director de Radio Popular en Ourense, aínda que ao longo da súa carreira radiofónica alternou entre as emisoras locais de COPE e Cadena SER, onde ocupou postos directivos e de redacción. Tamén foi un articulista constante ao longo de varias décadas no xornal La Región. Como docente, deu clase de Ética na escola universitaria de Enfermería de OurenseFallece a los 82 años Pedro Gómez, párroco de As Lagoas, La Región, 24/12/2015.

Como escritor dedicouse ao ensaio cunha vintena de obras de investigación histórica e cultural de ámbito local, en particular sobre a Xeración Nós e Basilio Álvarez.

Obra A derradeira dimensión de Otero Pedrayo, 1980 Apuntes menores de Risco, 1983 El cardenal Quevedo en Tourém, 1997' O microbus. Relatos dunha viaxe, 1981 A relixiosidade popular galega: Risco/Cuevillas'', 1992.

Notas

Categoría: Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría: Sacerdotes católicos de Galicia Categoría: Xornalistas de Ourense Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Escritores en lingua galega Categoría: Nados en 1933 Categoría: Finados en 2015 Categoría: Escritores en lingua castelá Categoría: Nados en Ourense Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes