Wideband, tamén coñecido como P76-5, foi un satélite artificial lanzado o 22 de maio de 1976 mediante un foguete Scout B1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características Wideband foi inxectado nunha órbita inicial de 1058 km de apoxeo e 998 km de perixeo, cun período orbital de 105,6 minutos e 99,9 graos de inclinación orbital.
A misión de Wideband foi estudar o efecto da propagación das ondas de radio e radar a través do plasma da ionosfera terrestre.
O satélite foi construído usando a unidade número 15 da serie de satélites de navegación Transit-O, modificándoa para a misión. Estabilizábase mediante gradiente gravitatorio grazas a un mastro despregable. A enerxía era proporcionadao por catro paneis solares. A carga útil do satélite consistía exclusivamente na radiobaliza DNA-002, capaz de emitir en varias frecuencias entre a VHF e a banda S. Considérase que Wideband cumpriu o 80% dos seus obxectivos. As investigacións do satélite foron continuadas anos máis tarde pola misión HILAT.
Resultados Early results from the DNA Wideband satellite experiment--Complex-signal scintillation
Notas
Véxase tamén Outros artigos HILAT
Categoría:Satélites artificiais