Xoana Enríquez e Fernández de Córdoba, nada en Medina de Rioseco en 1425 e finada en Tarragona o 13 de febreiro de 1468, foi raíña consorte de Navarra (1447 - 1468) e de Aragón (1458 - 1468), V Señora de Casarrubios del Monte, pertenceu á importante liñaxe dos Enríquez, rama ilexítima dos reis de Castela.
Traxectoria Muller ambiciosa e imperante, era filla de Fadrique Enríquez, almirante de Castela e de Marina Fernández de Córdoba e Ayala, finada en 1431.
Actividade política como raíña consorte A morte en 1458 do rei Afonso V de Aragón significou a ascensión ao trono de Xoán II e a súa muller Xoana.
Un dos máis grandes desexos de Xoana Enríquez, cara ao que tendeu habilmente a súa política, foi o matrimonio (en outubro de 1469) do seu fillo Fernando, de dezaseis anos, con Isabel de Castela, de dezasete.http://www.biografiasyvidas.com/biografia/j/juana_enriquez.htm Non puido velo realizado pois morreu o 13 de febreiro de 1468 por complicacións de cancro de mama.
Xoana ademais foi acusada de envelenar ao príncipe Carlos de Viana,http://www.rtve.es/television/20130517/mas-isabel-quien-fue-juana-enriquez-madre-fernando/674044.shtml primeiro fillo do seu marido o rei Xoán II coa súa primeira esposa Branca de Navarra, posto que supoñía un obstáculo para as pretensións ao trono do seu fillo Fernando.
Matrimonio e descendencia Foi a segunda esposa de Xoán II de Aragón e de Navarra (co mesmo ordinal para ambos os territorios), viúvo desde 1441, con quen contraeu matrimonio en abril de 1444, contando dezanove anos. Tiveron dous fillos: Fernando o Católico (Sos del Rey Católico, 10 de marzo de 1452 – Madrigalejo, 23 de xaneiro de 1516), rei de Aragón e de Castela (co nome de Fernando V) desde decembro de 1474 polo seu matrimonio en outubro de 1469 con Isabel I a Católica; Xoana (1455 – 1517), segunda esposa de Fernando I de Nápoles, primo bastardo de Fernando II de Aragón.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xoán II de Aragón
Categoría:Nados en 1425 Categoría:Finados en 1468 Categoría:Finadas por cancro de mama Categoría:Nados en Medina de Rioseco Categoría:Raíñas consortes de Aragón Categoría:Raíñas consortes de Navarra