Ian Fraser "Lemmy" Kilmister, nado en Burslem o 24 de decembro de 1945 e finado nos Ánxeles o 28 de decembro de 2015, foi un músico, cantante e actor inglés que fundou e liderou o grupo de música Motörhead. A súa música e estilo de vida foron distintivos do xénero heavy metal.
Traxectoria Lemmy naceu en Stoke-on-Trent e medrou en North Wales. Comezou a influenciarse polo rock and roll e polos Beatles, o cal o motivou a tocar para diferentes grupos de rock na década de 1960, sendo o máis significativo the Rockin' Vickers. Tocou con Jimi Hendrix e The Nice antes de unirse á banda de space rock Hawkwind en 1972, sendo o cantante principal do éxito "Silver Machine". Despois de saír de Hawkwind, fundou Motörhead sendo o seu líder, baixista e cantante principal, conseguindo o maior éxito entre 1980 e 1981 e destacando "Ace of Spades". Continuou a gravar e facer xiras con Motörhead até a súa morte en decembro de 2015.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Motörhead
Categoría:Baixistas de Inglaterra Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Staffordshire Categoría:Finados en 2015