miniatura|dereita|Armas do Reino de Galicia, Pedro de Teixeira, no século XVII. miniatura|Cantares gallegos, de Rosalía. Os topónimos Galicia e Galiza son as dúas formas que existen na lingua galega para referirse ao territorio galego. Ambas son recoñecidas como lexítimas e xenuínas pola normativa da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, que é a oficial na comunidade. Porén, a normativa reintegracionista da lingua galega exposta pola Associaçom Galega da Língua prefire a forma Galiza e considera Galicia unha forma orixinalmente castelá.
Porén, só o topónimo Galicia está consignado no Estatuto de Autonomía de 1981, de modo que é o máis común en textos oficiais das administracións públicas. O non recoñecemento do topónimo Galiza entre os nomes oficiais da comunidade tense considerado unha decisión política e institucional por parte de especialistas do Consello da Cultura Galega.
Aínda que tanto Galicia como Galiza son empregados habitualmente na lingua galega, Galicia é considerada o topónimo maioritario actualmente pola RAG, mentres que Galiza o era na Idade Media.
Etimoloxía
Tanto Galicia como Galiza derivan do termo latino Gallaecia, que significaba literalmente "terra dos galaicos", froito da combinación do prefixo kallā- “madeira” co sufixo complexo local -āik-.
Probábelmente o termo Galiza pasou a ser a forma evolutiva natural do termo Gallaecia, tal e como atestemuñan os diferentes documentos medievais da literatura trobadoresca galego-portuguesa. En varios textos de autores galegos medievais, o topónimo Galiza é a única forma empregada, non habendo vestixios da forma Galicia.
Coa progresiva separación dos idiomas galego e portugués, e a progresiva castelanización de Galicia, produciuse un primeiro fito na desdiferenciación do topónimo. Mentres que no territorio galego comezou a predominar oralmente o termo Galicia, á outra beira do Miño mantívose o termo Galiza. Neste sentido, a introdución do topónimo Galicia seguiría unha traxectoria parella á da introdución do xentilicio galego.
A recuperación do topónimo Galiza Tras varios séculos nos que Galicia era a forma empregada habitualmente no territorio galego no século XIX, incluso no seo das obras de autores comprometidos co idioma e achegados ao nacionalismo galego, a forma Galicia seguía tendo presenza nos textos. A gaita gallega, de Pintos, ou Cantares gallegos, de Rosalía Castro, son dous exemplos de utilización deste topónimo. Varios autores explican este feito coa sonoridade literaria do termo Galicia fronte ao termo Galiza.
No século XX, coa chegada do Rexurdimento, a forma Galiza comezou a adquirir presenza oral e escrita. Os primeiros vestixios de recuperación da forma xenuína atópanse nas publicacións das Irmandades da Fala, ou na revista Nós. Persoeiros coma Castelao apropiáronse do topónimo, coma queda patente nas súas obras, en especial no seu ensaio político Sempre en Galiza.
O topónimo na era da democracia 150px|miniatura|dereita|Grafiti en contra da Volta ciclista a España. No ano 2007, dende a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, producíronse diversas xestións co fin de introducir o topónimo Galiza nas publicacións oficiais do Goberno autonómico. Ante este feito, realizouse unha consulta formal por parte da Xunta á Real Academia Galega. Así, Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega dende 2002 até a 2009, afirmou que as dúas formas poderían ter validez etimoloxicamente.
Segundo a RAG, ambos topónimos tiveron presenza na linguaxe oral na Idade Media, pero o termo Galiza foi paseniñamente desaparecendo da linguaxe oral até ser recuperado na linguaxe contemporánea. Así, segundo o presidente da RAG:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Normalización lingüística Diglosia
Categoría:Sociolingüística Categoría:Galicia