Luís Sánchez Arrieta, nado en Lugo cara a 1892 e finado na mesma cidade en febreiro de 1963, foi un enxeñeiro, político e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Victoriano Sánchez Latas. Estudou en Francia e fíxose enxeñeiro industrial. Concelleiro en Lugo na ditadura de Primo de Rivera, foi primeiro tenente alcalde e alcalde interino en varias ocasións.El Regional, 17-5-1927, p. 2. Tamén foi deputado provincial. Foi vogal da Directiva da Federación Católico-Agraria de Lugo en 1927Vida Gallega, 20-12-1927, p. 45. e presidente en 1929. Foi designado director de La Voz de la Verdad en decembro de 1930 para substituír a Francisco Vázquez Saco,El Compostelano, 3-12-1930, p. 3. e do que quedou como único propietario. Na ditadura franquista ingresou na Unión Nacional de Cooperativas del Campo onde levou o departamento de abonos químicos.

Vida persoal Casou con Amparo Polidura Ortega.

Notas

Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados no século XIX Categoría:Finados en 1963 Categoría:Nados en Lugo