Pegsat foi un satélite artificial lanzado o 5 de abril de 1990 mediante un foguete Pegasus desde a Base Edwards da Forza Aérea.
Características Pegsat foi o primeiro satélite lanzado por un foguete Pegasus. Foi inxectado nunha órbita inicial de 697 km de apoxeo e 468 km de perixeo, cun período orbital de 96,0 minutos e 94,1 graos de inclinación orbital.
A misión de Pegsat foi tripla:
Facer medicións do contorno das cargas lanzadas mediante o foguete Pegasus establecendo parámetros como vibracións, temperatura, presión... Exectar o microsatélite experimental de comunicacións 90-028B, da Armada dos Estados Unidos. Levar a cabo un experimento de liberación de bario no espazo para estudar a interacción entre o elemento químico e a magnetosfera e ionosfera terrestres desde diferentes bases en terra. A liberación do bario fíxose en dúas ocasións: o 16 de abril e o 25 de abril de 1990. Ambas liberacións foron observadas con éxito.
Pegsat reentrou na atmosfera terrestre o 14 de novembro de 1998.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pegasus
Categoría:Satélites artificiais