Robert Manzon, nado o 12 de abril de 1917 e finado o 19 de xaneiro de 2015, foi un piloto de carreiras francés. Participou en 29 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 21 de maio de 1950. Conseguiu dous podios, e anotou un total de 16 puntos no campionato. No momento da súa morte, Manzon era o último piloto vivo que participou na primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 en .

Andaina Manzon comezou a súa carreira como mecánico e logo da segunda guerra mundial empezou a competir inicialmente cun Cisitalia D46. Logrou un contrato co equipo Gordini para 1948, Manzon ocupou o terceiro lugar no Gran Premio de Xenebra de 1948 e gañou algunhas carreiras de menor importancia aínda que a súa máquina non foi sempre fiable. Continuou con Gordini na nova era da Fórmula Un, sumou puntos no Gran Premio de Francia de 1950, e terminou sexto no Campionato do Mundo de Pilotos en , logrando o terceiro lugar no Gran Premio de Bélxica de 1952. Deixou Gordini en e uniuse ao equipo de Louis Rosier, que facía campaña cos Ferraris. Posteriormente, logrou o seu segundo podio no Gran Premio de Francia de 1954 ao volante dun Ferrari 625.

Logo Manzon volveu ao equipo Gordini, pero atopou pouco éxito en probas do Campionato do Mundo. Fóra do Campionato, gañou o Gran Premio de Nápoles de 1956 e unha carreira de autos deportivos en Pescara.

Manzon morreu na súa casa no sur de Francia o 19 de xaneiro de 2015 a idade de 97 anos. foi último participante vivo da tempada de Fórmula Un.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Equipe Simca Gordini Simca Gordini Type 15 Gordini 4 en liña GBR MONRet 500 SUI BEL FRA4 ITARet 14º 3 Equipe Simca Gordini Simca Gordini Type 15 Gordini 4 en liña SUI 500 BEL FRARet GBR ALE7 ITARet ESP9 NC 0 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña SUIRet 500 BEL3 FRA4 GBRRet ALERet NED5 ITA14 6º 9 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARXRet 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0 Equipe Rosier Ferrari 625 Ferrari 4 en liña ARX 500 BEL FRA3 GBRRet ALE9 ITARet ESPRet 15º 4 Scuderia Ferrari Ferrari 553 SUINTS Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX MONRet 500 BEL NEDRet GBRRet ITA NC 0 Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARXNCG MONRet 500 BEL NC 0 Gordini Type 32 Gordini 8 en liña FRA9 GBR9 ALERet ITARet

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Profile at www.grandprix.com Robert Manzon's obituary

Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en Marsella Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Francia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Gordini Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ecurie Rosier Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans