miniatura|250px|Chlamyphorus truncatus disecado, no Museo de Historia Natural de Xenebra. miniatura|250px|Zaedyus pichiy, na península Valdés.

A dos eufractinos (Euphractinae) é unha subfamilia de mamíferos placentarios da orde dos cingulados, unha das tres que constitúen a súa única familia, a dos dasipódidos,Dasypodidae en MSW que inclúe varias especies de armadillos.

Esta subfamilia agrupa cinco xéneros, con seis especies actuais,Euphractinae en MSW. coñecidas vulgarmente na linguaxe internacional como pichiciegos.Euphractinae. Pichiciegos na EOL.

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1923 polo zoólogo danés Herluf Winge, en Pattedyr-Slægter, 1: 304.

Etimoloxía O nome científico da subfamilia, Euphractinae, fórmase, como é habitual, sobre a base do xenitivo do nome do seu xénero tipo, neste caso Euphractus, engadínolle a desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

En canto ao nome do xénero tipo, Euphractus, está formado polo elemento do latín científico eu-, calco do grego antigo εύ- eú-, do adverbio εὖ eǘ, "ben" e a palabra grega φρακτός pharktós, "armado"; literalmente: "o ben armado",Euphractus en Animalia. Etymology of animal names. derivada do verbo φράσσω prhássō, "cubrir, protrexer".

Clasificación Subfamilia Euphractinae Xénero Calyptophractus, Fitzinger, 1871 Calyptophractus retusus Burmeister, 1863 Xénero Chaetophractus, Fitzinger, 1871 Chaetophractus nationi Thomas, 1894 Chaetophractus vellerosus Gray, 1865 Xénero Chlamyphorus, Harlan, 1825 Chlamyphorus truncatus Harlan, 1825 Xénero Euphractus, Wagler, 1830 Euphractus sexcinctus Linnaeus, 1758 Xénero Zaedyus, Ameghino, 1889 Zaedyus pichiy Desmarest, 1804

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Mamíferos Cingulados Dasipódidos

Ligazóns externas Euphractinae na ADW. Euphractinae na EOL.

Categoría:Cingulados