miniatura|250px|Cabassous unicinctus. Cabassous é un xénero de mamíferos placentarios da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos tolipeutinos.Cabassous en MSW.
O xénero agrupa a catro especies propias de América Central e do sur, coñecidas vulgarmente na literatura internacional como armadillos de cola espida.Cabassous McMurtrie, 1831 no SIIT.
Taxonomía Descrición
O xénero foi descrito en 1831 polo médico e naturalista estadounidense Henry McMurtrie (1793-1865), en The animal kingdom arranged in conformity with its organization / by the Baron Cuvier ; the Crustacea, Arachnides and Insecta, by P. A. Latreille ; translated from the French, with notes and additions, by H. McMurtrie ; in four volumes, with plates. By: Cuvier, Georges, - Latreille, P. A. - Laurillard, Charles Léopold, McMurtrie, Henry. Nova York:G. & C. & H. Carvill, 1831.
Etimolxía O nome científico do xénero, Cabassous, é unha adaptación dun termo caribe co que os indíxenas coñecían estes animais.Hayssen, V. (2014): "Cabassous unicinctus"". Mammalian Species 46 (907): 16–23.
Sinonimia Ademais de polo nome Cabassous que lle impuxo McMurtrie, o longo do tempo o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes: Arizostus Gloger, 1841 Lysiurus Ameghino, 1891 Tatoua Gray, 1865 Xenurus Wagler, 1830 Ziphila Gray, 1873
Especies e subespecies Na actualidade no xénero Cabassous recoñécense as seguintes catro especies e subespecies:
Xénero Cabassous Cabassous centralis (Miller, 1899) - armadillo de cola espida do Norte Cabassous chacoensis Wetzel, 1980 - armadillo de cola espida do Chaco Cabassous tatouay (Desmarest, 1804) - armadillo de cola espida xigante Cabassous unicinctus (Linnaeus, 1758) - armadillo de cola espida do Sur Cabassous unicinctus squamicaudis Cabassous unicinctus unicinctus
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Mamíferos Cingulados Dasipódidos Tolipeutinos
Ligazóns externas Cabassous na ADW. Cabassous na EOL. Especies de Cabassous na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
Categoría:Cingulados