Safri Duo é un grupo dinamarqués de música electrónica composto por Uffe Savery e Morten Friis. Nun principio enfocados na música clásica, en 1999 foron descubertos por un selo musical de música clásica. Despois de asinar, lanzaron un tema que mesturaba sons tribais e música electrónica. O resultado foi o popular "Played-A-Live (The Bongo Song)", que se converteu nunha das cancións máis populares de Europa no 2001. O sinxelo e álbum seguintes, Episode II venderon un millón de unidades en todo o mundo, facendo de Safri Duo o grupo musical dinamarqués máis famoso dende Aqua.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo
Categoría:Grupos musicais de música electrónica Categoría:Grupos musicais de Dinamarca Categoría:Grupos musicais formados en 1990