O faro de Westerheversand (en ) atópase en Westerhever, no estado alemán de Schleswig-Holstein. Está considerado como un dos faros máis famosos do norte de Alemaña, polo que adoita ser utilizado na celebración de vodas. Empezouse a construír en 1906 e comezou a funcionar o 26 de maio de 1908. Ten unha altura de 41 metros.

Pódese visitar dende o ano 2001.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Michael Pasdzior, Jens Meyer-Odewald: Leuchtturm Westerheversand – Eine Reise durch Licht und Zeit. Eiland, Westerland 2007, ISBN 3-940133-19-1

Ligazóns externas Máis imaxes do faro de Westerheversand

Westerheversand Categoría:Arquitectura de Alemaña