Kontrust é un grupo musical austríaco de crossover orixinario de Viena, contando coa participación da vocalista polaca Agata Jarosz. O grupo formouse no ano 2001, e déronse a coñecer por incorporar o uso de Lederhose nas súas actuacións e vídeos músicais. Os seus temas están escritos en inglés, incorporando en ocasións partes en alemá e linguas eslavas. O seu son mestura diversos xéneros musicais que van dende o nu metal, o folk metal, rap, rock e música electrónica.No ano 2006 gañaron o premio Austrian Newcomer Awards, otuorgado a músicos revelación en Austria.
O seu sinxelo "Bomba" do álbum Time To Tango (2009) estivo durante catro semanas consecutivas na lista de éxitos dos Países Baixos no ano 2010, acadando o posto número 47.http://dutchcharts.nl/showitem.asp?interpret=Kontrust&titel=Bomba&cat=s Ese mesmo ano foron nomeados na categoría Hard&Heavy dos Amadeus Austrian Music Awards, obtendo o primeiro premio nos mesmos.
No ano 2011 participaron no festival Przystanek Woodstock en Polonia diante dunhas 300 000 persoas, acadando o récord de maior audiencia nun concerto musical dun artista austríaco.
Discografía Teamspirit 55, EP (2001) Make Me Blind, EP (2003) We!come Home (2005) Time To Tango (2009) Czas To Tango (Reedición en polaco) (2011) Second Hand Wonderland (2012) Explositive (2014)
Membros Agata Jarosz- voz Stefan Lichtenberger- voz Robert Ehgartner- guitarra Mike Wolff- guitarra Gregor Kutschera- baixo Roman Gaisböck- batería Manuel Haglmüller- percusión Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio Web Oficial
Categoría:Grupos musicais de nu metal Categoría:Grupos musicais de folk metal Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de Austria Categoría:Grupos musicais formados en 2001