miniatura|dereita|O colexio nun gravado publicado en La Ilustración Gallega y Asturiana o 28/2/1881. O Colexio Apóstolo Santiago dos Padres Xesuítas, na Pasaxe (Camposancos, A Guarda) hoxe en ruínas, foi xermolo das universidades de Deusto e Comillas.
Historia Situado á beira do río Miño, preto da desembocadura. Foi fundado en 1875, se ben tivera antes a súa sede en Anceis (Cambre), e o seu primeiro director foi Tomás Gómez Carral. Por primeira vez en España, os xesuítas intentaban instituír unha universidade privada. O colexio chegou a contar cun prestixio enorme ata o punto que del xurdiron dúas notables institucións como a Universidade de Deusto e a Universidade Pontificia de Comillas. Entre os profesores máis destacados estivo Baltasar Merino e entre os alumnos avantaxados que saíron do colexio están o político pontevedrés Manuel Portela Valladares, que chegaría a ser ministro e presidente do goberno coa república; José María Montenegro Soto; Ramón María Aller; Xosé Franco Montes; Antón Losada Diéguez, Alejo Diz Jurado, Javier Bugallal Pérez de Castro; Manoel de Oliveira ou Javier Ozores Pedrosa.
En 1916 os ocupantes trasládanse a Vigo e ceden as instalacións a xesuítas portugueses, procedentes dun colexio de Lisboa, porén baixo o mandato da Segunda República a orde dos xesuítas foi expulsada e o centro pasou a ser un sanatorio.
Campo de concentración
O recinto, convertido en hospital, empregouse, entre 1938 e 1941, durante a Guerra Civil Española e a posguerra, como campo de concentración e acolleu prisioneiros políticos e combatentes do exército republicano.Alonso, Sara "Camposancos pierde su memoria" El País, 4/9/2012 . Habilitado como centro de reclusión a finais de 1937, chegou a estar ocupado, en 1938, por 1 066 reos, cando a capacidade (segundo informe oficial do réxime franquista) era de 868 presos. As fontes diverxen en torno a poboación reclusa que pasou por el, pero oscila entre os 2 000 e os 3 000 presos.
En 1943 volveu ser un centro de ensino dos xesuítas, aínda que non retornou ó esplendor anterior e pechou as aulas en 1959.
Tralo abandono No ano 2007 estreouse o documental Memorial de Camposancos, de José Ballesta de Diego (Vigo, 1964), que conta a historia do centro."El Mathaussen de A Guarda tiene su propia película" La Voz de Galicia 3/5/2007 .A Axencia Audiovisual Galega leva a Berlín un documental sobre a represión da Guerra Civil CCG.
Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha construtora propiedade do exfutbolista Valerii Karpin, para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía (1998) "Colegio de los Jesuitas en O Pasaxe" en Crónica biográfica de Camposancos y su entorno. ISBN 84-605-6675-7 . (1999). "Campo de concentración de Camposancos " en La libertad es un bien muy preciado ISBN 978-84-931175-0-4 . , José Antonio e , Víctor Manuel (2022). A porta do inferno. O campo de concentración de Camposancos na Guarda (Pontevedra). Fundación 10 de Marzo. Ligazóns externas : "Xesuítas", "Alumnos", "Xesuítas-1", "Xesuítas-2" e "Xesuítas-3" "3.000 asturianos vivieron confinados en Camposancos entre 1937 y 1939" 10/8/2006 20px José Ballesta e Manxo Fernández: Memoria de Camposancos 2007.
Categoría:A Guarda Categoría:Institucións de ensino de Galicia Categoría:Compañía de Xesús Categoría:Organizacións católicas de España