Jesús Teijeiro Pérez, nado en Baamonde (Begonte) o 5 de xaneiro de 1892 e finado en Oviedo o 27 de outubro de 1936, foi un militar galego.
Traxectoria Estudou no Seminario de Lugo, pero despois ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1912, e recibiu o despacho de segundo tenente en 1915. En 1917 incorporouse ao 2º Batallón de Cazadores de Madrid en Tetuán. En 1921 solicitou o ingreso na Legión de Extranjeros, e en 1925 encargouse do mando da 5ª Bandeira da Lexión, participando no desembarco de Alhucemas. Ascendeu a Tenente Coronel en 1928, deixou a Lexión, e foi destinado na Zona de Reclutamento de Lugo, onde casou con Luisa Revilla Vidal.
Coa proclamación da República e a promulgación da Lei Azaña, solicitou o retiro e marchou residir á Coruña. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 ofreceuse ao seu amigo o Coronel Martín Alonso, quen lle encargou crear e instruír as milicias Caballeros de La Coruña. Organizáronse as columnas galegas para avanzar sobre Asturias, unha delas estaba baixo o mando do comandante Ceano, que ocupou Ribadeo, A Veiga e Navia.
Cando o comandante Ceano resultou gravemente ferido, enviaron a Teijeiro para substituílo. Entrou en Oviedo o 17 de outubro de 1936, rompendo o cerco que sufría a cidade. Poucos días despois, o 27 de outubro, morreu vítima dun bombardeo.
Recoñecementos Unha rúa de Oviedo leva o seu nome e ten un monumento na antigamente denominada praza da Liberación. Unha rúa da Coruña recibiu o seu nome entre febreiro de 1939 e xaneiro de 2016."O Concello celebra o venres cun concerto o cambio de nome de catro rúas da cidade en cumprimento da Lei de Memoria Histórica" (18/1/2016) Concello da Coruña.Obelleiro, Paola (10/12/2009). "La familia de un franquista denuncia al gobierno coruñés por retirarle honores" El País . Tamén levou o seu nome outra rúa de Lugo que eliminou o seu nome en 2016.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Eciclopedia de Oviedo . Al heroico Teniente Coronel Teijeiro (10/2/2011). Pérez, Marta (11/5/2013). "Teijeiro, héroe o villano" La Nueva España .
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Begonte Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Militares da guerra civil española do bando sublevado