O Campionato de España de ciclismo en ruta de 1993 foi a XCII edición do Campionato de España de ciclismo en ruta, que se disputou en Vigo o 27 de xuño de 1993, cun percorrido de 259 quilómetros. Dos 105 corredores que iniciaron a carreira, só 56 lograron rematala. Tratábase dun circuíto bastante selectivo, con varias dificultades, a última delas a dez quilómetros de meta. Percorrido A carreira presentábase como un duelo entre o gran favorito e anterior campión Miguel Indurain e os bloques do CLAS e do Amaya. A proba rompeu a metade de camiño cunha escapada de 26 corredores, con homes importantes do pelotón como Pedro Delgado, Fernando Escartín ou Eduardo Chozas. O equipo Banesto deixou demasiada vantaxe á fuga, que chegou a contar con máis de cinco minutos que quedarían nun e medio na base da última ascensión. Naquel momento a fuga era un rosario de corredores, comandados por un sorprendente Ignacio García Camacho, que resistía na cabeza. Indurain lanzouse en persecución e foi superando a todos os fuxidos, excepto a García Camacho.

Finalmente na mesma liña de meta, García Camacho tivo escasos segundos de vantaxe sobre Miguel Indurain, ao que lle faltaron poucos segundos e un pouco de estratexia de equipo para revalidar a súa camisola de campión de España. Terceiro en meta foi Fernando Escartín.

Clasificación 1992 << Campionato de España 1993 >> 1994 1 15px 20px Ignacio García Camacho Kelme 6h 21' 15" 2 15pxMiguel Indurain Banesto a 7" 3 15pxFernando Escartín CLAS m.t. 4 Santos Hernández Mapei m.t. 5 Miguel Ángel Martínez ONCE m.t. 6 Ramón González Arrieta Lotus m.t. 7 Ángel Edo Kelme a 35" 8 Herminio Díaz Zabala ONCE m.t. 9 Peio Ruiz Cabestany Gatorade m.t. 10 Jon Unzaga CLAS m.t.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Campionato de España de ciclismo en ruta

Categoría:Deporte en Vigo 1993 Categoría:Deporte en 1993 Categoría:Ciclismo en Galicia Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes Categoría:Vigo sen imaxes