Abdala bin Husain (en ), rei como Abdalá I, nado na Meca en 1882 e finado en Xerusalén o 20 de xullo de 1951, foi o primeiro rei de Xordania.

Traxectoria Abdullah era fillo do xerife da Meca, cabeza da dinastía dos haxemís, a quen o Reino Unido prometerá recoñecer a independencia dos territorios árabes de Asia nun único estado a cambio da súa axuda na loita contra o Imperio Otomán.

Antes da primeira guerra mundial Abdullah foi vicepresidente do parlamento de Istanbul. O seu irmán, Faysal, deputado na mesma cámara, dirixiu a rebelión árabe que combateu os turcos dende Hiyaz ata tomar Damasco en 1918, dous anos despois de que o xerife Husayn se proclamara rei. Unha vez acabada a guerra os aliados desfixeron o embrión de Estado que se creara dende Damasco e a cambio colocaron a Faysal e a Abdullah á cabeza de dous países creados artificialmente, Iraq e Transxordania.

Abdullah recibiu Transxordania como feudo en 1921. Tratábase en realidade dun corredor a través do deserto que comunicaba as dúas zonas de influencia británicas, Iraq e Palestina. O 25 de maio de 1923 Transxordania obtivo a independencia coa denominación de emirato.

O rei foi unha personaxe pouco popular entre os árabes de Oriente Medio debido á súa política clientelar respecto dos Estados Unidos e o Reino Unido, á súa proximidade a Israel e á represión que desatou contra os seus detractores. Por outra banda, nunca abandonou a ambición haxemí de ser rei dun reino árabe unificado, o que lle provocou a inimizade das capas dirixentes doutros estados, especialmente os sauditas. En setembro de 1949 converteuse no primeiro sefe de estado estranxeiro que visitou a España franquista, pasando tres días na cidade da Coruña.

O 20 de xullo de 1951 Abdullah morreu nun atentado na mesquita de Al-Aqsa de Xerusalén. Catro días antes fora asasinado en Amán o primeiro ministro líbanés Riad Bey al-Solh, e Abdullah atopábase na cidade para participar nunha cerimonia fúnebre na súa honra. Estaba a agardar a que dese comezo a oración do venres co seu neto Hussein bin Talal (futuro rei) cando un activista palestino, Mustafa Shukri, abriu fogo contra el alcanzándoo na cabeza. Abdullah e al-Solh morreron baixo a acusación de estar levando a cabo negociacións secretas con Israel para firmar unha paz á marxe dos acordos acadados na Liga Árabe. A investigación xordana sinalou dous dirixentes palestinos como cerebros do complot, o doutor Abd Allah Husayni e o coronel Abd Allah Tell, antigo gobernador militar de Xerusalén.

Liña do tempo

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Perfil xenealógico Xenealoxía da familia real xordana

Categoría:Reis de Xordania Categoría:Nados na Meca Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1951