Pedro de Llano Cabado, nado na Coruña en 1947, é un arquitecto galego.

Traxectoria É fillo do xornalista Pedro de Llano López. Licenciado en arquitectura pola Universidade de Madrid (1976). Realizou a súa tese doutoral Tipoloxías espaciais e construtivas na arquitectura popular galega na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Foi catedrático de Análise Arquitectónica da ETSA. Foi responsable de artes plásticas do Consello da Cultura Galega.

A finais de 2023, declarou que renunciaba ao Premio Galicia de Arquitectura, que acababa de recoller no Gaiás uns meses antes para "alertar dunha ultraxe patrimonial que se está a cometer co conxunto formado polo Castro Lupario e a aldea de Angueira de Castro".

Obras Ons, a arquitectura dunha comunidade desaparecida, 1981, Cuadernos do Seminario de Sargadelos 39. Arquitectura popular en Galicia, 1983. Alejandro de la Sota. O nacemento dunha arquitectura, 1994. Arquitectura popular en Galicia. Razón e construcción, 1996. Le Corbusier. Viaje al mundo de un creador a través de 25 arquitecturas, 1997. Compañeros de oficio, 2013.

Recoñecementos Premio da Crítica de Galicia en 1982 e 1988. Premio COAG de Arquitectura en 1996, no apartado de rehabilitacíón. Premio Galicia de Arquitectura 2023, premio especial á traxectoria profesional na categoría de arquitecto.

Vida persoal Casou con Marga Neira López, filóloga especializada en lexicografía galega. Os seus fillos son o comisario e investigador da arte Pedro de Llano Neira e o xornalista Pablo de Llano Neira.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Universidade da Coruña Entrevista en La Opinión

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Premio COAG de Arquitectura